O meu primeiro e último día de praia (de momento) foi o 2 de maio... aih... qué lonxe queda... a saber cando volvo mollar os pes no atlantico! ahí van algunhas fotos da inmersión sen bikini, inda que o fotógrafo era ben malo...
A morriña non só inclúe a terra, a familia e os amigos... tamén ós antigos compis de traballo! Non están todos os que son pero sí son todos os que están, unha aperta pra eles, por ser xeniais!
Xa ían sendo horas... tras 5 meses perdida nesta xungla que chaman Madrid por fin fago algo util co meu tempo libre. Non prometo actualizacións diarias nin o último do último que internet non o pago eu... pero sí prometo ter algún regaliño en forma de foto pra os que me coñecedes!